Friday 03 de May de 2024

Comenzan as obras de mellora da estrada de Loiba a Picón na que se invertirán más de 1,2 millóns de euros


 

A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora da estrada DP 6104 de Loiba a Picón para a que destinou 1,2 millón de euros.
Trátase dun dos proxectos de maior envergadura e orzamento que
realizará en Obras este organismo na provincia o que reflicte a
“importancia da actuación e a implicación da Diputación con oso
Concello”, explicou o alcalde Juan Penabad.

Os traballos desenvolveránse durante os vindeiros meses o que
provocará que en algún momentos haxa qe poner en marcha
dispositivos especiais para regular o tráfico. “Somos conscientes da
incomodidade que supón calquer obra para os veciños e máis das
características, pero é evidente a notable mellora en canto a
comunicacións que tamén vai supoñer cando esté rematada. Por iso
pídolles comprensión e a súa colaboración durante os meses que van
durar os traballos”, indicou o rexidor, ademáis de “reiterar o
agradecemento a todos os veciños e veciñas que se viron afectados
polas expropiacións, por facilitar un proceso que non era doado”.

Juan Penabad suliñou que os traballos, unha vez realizados
todos os trámites administrativos, serán executados finalmente por
unha empresa local o que “supón tamén unha boa noticia para
Ortigueira no ámbito na súa economía local. Dado o movimiento de
traballadores que van a xenerar estas obras esperemos que tan
pronto se levante o estado de alarma os negocios que hai ao longo da
estrada tamén se vexan beneficiados”.

A estrada comunica os núcleos de Loiba, A Peneda, Maciñeira,
Burreiros, Fontela e O Picón. A pesar da súa estreiteza (entre catro a
cinco metros nos primeiros 800 metros e menos de 4 metros de ancho
a partir deste punto), é un viario moi transitado, posto que conduce a algúns dos principais atractivos turísticos da zona, como os cantís ou
o banco de Loiba.

As obras executaranse no tramo comprendido entre o inicio do
viario e o punto quilométrico 2+400 e incluirán a ampliación da
plataforma desde os 4 metros actuais ata un total de 6 metros.
Ademais dotarase de novas beiravías de 0,5 metros e se crearán
mellores zonas de estacionamento coma a do entorno da Igrexa e o
cementerio parroquial.

O trazado parte da estrada AC 862, onde se ampliará a
intersección existente e deseñarase unha semiglorieta de 8 metros de
radio interior para canalizar os movementos de xiro dos vehículos. A
partir dese punto, a estrada discorre en pendente descendente nun
tramo de 240 metros, seguido dunha pendente ascendente ata o alto
do paso superior sobre as vías do FEVE (pk 0+800).

O trazado continúa alternando lixeiras subidas e baixadas ata
alcanzar o alto do ramal dos cantís de Loiba, á altura do pk 2+400.
Neste punto prevese a execución dunha glorieta de 16 metros de radio
e carrís de catro metros para permitir os movementos de xiro dos
autobuses, que ocasionan problemas na época estival cando se da
unha maior afluencia de visitantes. A nova rotonda dará servizo ao
ramal dos cantís e ao núcleo de Fontela.

Áreas de aparcamento

Nas inmediacións da glorieta disporanse sendas áreas de
estacionamento para vehículos. Unha delas destinada exclusivamente
a autobuses e outra para turismos e motocicletas.

A capacidade estimada é de catro autobuses, 10 motocicletas e
35 turismos. Resérvase tamén unha zona para estacionamento para
vehículos de persoas con discapacidade.

Nos 250 metros que separan o aparcamento da zona do Picón
construirase unha senda peonil de 2 metros de ancho que contribuirá
a mellorar a seguridade peonil.